Sostibilidade
Acerca desta memoria
Contexto normativo
A Memoria de Sostibilidade de Mutua Universal correspondente ao exercicio comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 ten como obxectivo a divulgación de información sobre os seus impactos sociais, medioambientais e de gobernanza máis significativos.
Esta memoria elaborouse de acordo cos Estándares GRI (Global Reporting Initiative). Nela recóllense a información económico-financeira da organización e os aspectos clave da responsabilidade social corporativa de Mutua Universal durante o exercicio 2025, e explícase o contexto da sostibilidade ou o modo en que a entidade contribúe ao desenvolvemento local, rexional ou global mediante a súa xestión da responsabilidade social corporativa.
No informe de Goberno Corporativo, inclúese a información non financeira de acordo coa Lei 11/2018, do 28 de decembro, de información non financeira e diversidade, e, en consecuencia, incorpórase ao informe de xestión (correspondente ao período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025) de Mutua Universal.
Principios que rexen a memoria e o seu proceso de elaboración
Mutua Universal elaborou esta memoria anual segundo os principios do Global Reporting Initiative, que garanten a calidade do informe, para permitirlles aos grupos de interese e persoas usuarias da información facer avaliacións e tomar decisións informadas sobre os impactos da organización.
O contido da memoria definiuse seguindo os principios de precisión, equilibrio, claridade, comparabilidade, exhaustividade, contexto de sostibilidade, puntualidade e verificabilidade. Mutua Universal valida e toma como referencia para a súa elaboración a análise de materialidade realizada en 2025.
VALIDACIÓN
- A memoria foi revisada internamente polo equipo directivo de Mutua Universal e as persoas responsables das áreas que forneceron a información, co fin de garantir a súa claridade e integridade.
PUBLICACIÓN
- Esta memoria pódese atopar na páxina web de Mutua Universal, www.mutuauniversal.net. A responsable da súa elaboración foi a Dirección de Innovación e Estratexia Corporativa.
PUNTO DE CONTACTO
- As cuestións relacionadas co informe ou con aspectos da responsabilidade social corporativa ou a sostibilidade pódense remitir ao seguinte enderezo de correo electrónico: responsabilidad@mutuauniversal.net
A SÚA OPINIÓN É IMPORTANTE
- Esta memoria anual pretende ser un punto de apoio para o diálogo, polo que lle pedimos que nos dea a súa opinión tanto nos aspectos formais do informe como nas áreas onde poidamos mellorar en materia de sostibilidade e responsabilidade social corporativa.