Ir á contido

Ecosistema innovador

Actividades preventivas

Mutua Universal desenvolve actividades preventivas consonte o establecido dentro do marco legal vixente:

  • Real Decreto 860/2018, do 8 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social a realizar polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.
  • Resolución do 19 de xullo de 2024, da Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións, pola que se establece a planificación xeral das actividades preventivas da Seguridade Social a desenvolver polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social nos seus plans de actividades do ano 2025.

Durante o ano 2025, as actividades de asesoramento en redución da sinistralidade e prevención de riscos laborais da mutua, que inclúen programas e actividades de asesoramento, orientación técnica e asistencia, así como actividades de investigación, desenvolvemento e innovación para que as empresas asociadas poidan levar a cabo unha xestión eficaz en materia de prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, axudaron a 4.747 empresas cun total de 428.554 persoas traballadoras e 244 persoas traballadoras autónomas.

Memoria de Execución do Plan de Actividades Preventivas 2025

Programas e actividades de asesoramento

Programa de Promoción da Saúde - Benestar Universal

O programa de promoción da saúde e de hábitos saudables permite xestionar a saúde e o benestar das persoas traballadoras e a sostibilidade das organizacións, adaptándose ás necesidades, características, obxectivos e nivel de desenvolvemento ou alcance que cada empresa necesita.

Áreas de saúde tratadas

Trastornos musculoesqueléticos
Nutrición e actividade física
Xestión do estrés
Hábitos saudables e percepción da saúde
Prevención do tabaquismo
Prevención cardiovascular

Plataforma web Benestar Universal

A plataforma web do programa Benestar Universal é unha ferramenta que complementa e apoia as campañas de prevención e promoción da saúde a través de cuestionarios de análise, informes de situación para empresas e informes personalizados para as persoas participantes.

Ir a Plataforma web Benestar Universal

  • Accesible desde calquera dispositivo móbil.
  • Segura. Rexistro mediante código QR.
  • Funcional e dinámica.
  • Fácil de manexar e intuitiva.

Programa de colaboración para a redución da sinistralidade

Mutua Universal acompaña as organizacións no seu obxectivo de avanzar cara a un maior grao de madurez en cultura preventiva e redución da sinistralidade a través de accións de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Programa de sensibilización e boas pautas en liderado e xestión de equipos en prevención de riscos laborais

Contribuímos á integración da prevención de riscos laborais na estrutura das organizacións, aplicando metodoloxías baseadas na sensibilización e o adestramento sobre competencias e habilidades sociais básicas para as persoas con responsabilidade en equipos ou liderado na empresa.

Xornadas interempresariais de orientación técnica

Estas xornadas pretenden axudar aos e ás profesionais no seu día a día e difundir coñecemento e cultura en materia de seguridade e saúde.

Ao longo do ano 2025 Mutua Universal organizou 98 xornadas, 95 de maneira online e tres de forma presencial, ás que asistiron máis de 2.300 persoas pertencentes a empresas asociadas á entidade.

Ir a Xornadas interempresariais de orientación técnica

Novos títulos desenvolvidos

  • Obrigas das empresas no relativo á exposición ao amianto.
  • Desconexión dixital: dereito e estratexia clave en saúde e benestar.
  • Atmosferas explosivas.
  • Seguridade das máquinas.
  • Saúde e muller.

Observatorio Empresa e Informe de sinistralidade a través da Zona Privada

Mutua Universal pon á disposición das súas empresas asociadas o Observatorio Empresa, un servizo dixital, dispoñible desde a Zona Privada Empresa, que inclúe a ferramenta "Informe de sinistralidade", que permite ás organizacións xestionar de forma autónoma a información sobre o absentismo, ofrecendo datos actualizados e indicadores de sinistralidade a través dun cadro de mando interactivo para facilitar a toma de decisións e poñer en marcha as accións correctoras que permitan previr e reducir a sinistralidade.

Durante o ano 2025 o Observatorio Empresa rexistrou máis de 10.000 descargas de informes de sinistralidade.

Campus Virtual

A plataforma Campus Virtual ofrécelles ás empresas asociadas unha ferramenta rápida, fácil e flexible con 24 temáticas sectoriais e transversais onde se inclúen contidos sobre riscos e medidas de actuación para previr, eliminar ou controlar os riscos laborais que producen accidentes, danos á saúde ou enfermidades profesionais.

O mantemento e a mellora continua da plataforma garanten a incorporación de novas funcionalidades, elementos e desenvolvementos tecnolóxicos que optimizan a súa utilizabilidade, a súa accesibilidade e os seus contidos.

Ir a Campus Virtual

Difusión de coñecemento

Mutua Universal desenvolve e participa de maneira continuada en actividades relacionadas coa produción de coñecemento e a difusión de boas prácticas para a xestión e a mellora da prevención e para a promoción da saúde no contexto laboral.

Revista Trabajo saludable

Revista dixital publicada trimestralmente dedicada á prevención de riscos laborais e á promoción da saúde.

Ir a Revista <em>Trabajo saludable</em>

Observatorio de sinistralidade

Estudo que analiza os accidentes de traballo anuais xestionados por Mutua Universal a través dos principais indicadores relacionados.

Ir a Observatorio de sinistralidade

Recoñecementos “3 anos 0 accidentes”

Diplomas acreditativos cos que a mutua recoñece o compromiso das súas empresas asociadas coa prevención e o coidado das súas persoas traballadoras ao dar mantido unha sinistralidade cero nos tres últimos anos.

Efemérides

Divulgación de coñecemento e difusión de boas prácticas coincidindo coa celebración das principais efemérides relacionadas coa prevención de riscos laborais sinaladas.

Xestión da prevención

Sección web para o asesoramento en materia de redución da sinistralidade e prevención de riscos laborais en diferentes ámbitos de actuación.

Ir a Xestión da prevención

Espazo informativo sobre os riscos que este ámbito abrangue.

Información, recursos e novidades lexislativas para identificar e previr a exposición a axentes químicos.

Recompilación de artigos, recursos e lexislación sobre este axente canceríxeno.

Recomendacións e conceptos clave do proceso de adaptación de postos de traballo, así como normativa, beneficios, recursos e materiais para a súa implantación.

Información e orientación sobre a identificación dos materiais que conteñen amianto, censo de edificios, obrigas legais, prevención da exposición, empresas RERA e recompilación de todos os rexistros oficiais, así como a lexislación relacionada.

Incorporación de novos materiais e contidos para a sensibilización e asesoramento nesta temática.

Información e recursos para favorecer a integración da seguridade viaria como actividade imprescindible na prevención de riscos laborais co obxectivo de promover desprazamentos seguros que contribúan a reducir a sinistralidade laboral.

PUBLICACIÓNS

Sectores e actividades con maior risco
  • Folletos sobre o uso de máquinas ou equipos de traballo:
    • Amoadora.
    • Portapalés eléctrico.
    • Portapalés manual.
    • Carretillas elevadoras.
  • Lista de control de máquinas e equipos de traballo.
  • Folletos sobre a xestión da prevención de risco de incendio e atmosferas explosivas:
    • Detectores de incendio.
    • Xestión do almacenamento de baterías de ión-litio.
  • Folleto e infografía sobre a investigación de accidentes laborais.
  • Díptico “Exposición ao ruído”.
  • Díptico “Actuación en caso de emerxencia”.
  • Guía “Levas a cabo a CAE, pero consegues que sexa eficaz?”.
  • Díptico Coñeces a coordinación de actividades empresariais?
Prevención e redución de trastornos musculoesqueléticos
  • 12 carteis de complemento á campaña de prevención de trastornos musculoesqueléticos.
  • Vídeo divulgativo sobre trastornos musculoesqueléticos.
Substancias perigosas
  • Guías de actuación para a prevención á exposición ao radón e ao amianto no ámbito laboral.
    • Amianto na empresa: Guía de actuación.
    • Radón no ámbito laboral: Guía de actuación.
Traballadores vulnerables e colectivos específicos
  • Folleto explicativo “Persoas traballadoras no servizo do fogar familiar”.
Factores organizativos e psicosociais
  • Pílula “Saúde mental: claves e recursos para o teu benestar”, sobre xestión do tempo.
  • Folleto “Responsable de equipo: funcións e responsabilidades en prevención de riscos laborais”.
Riscos emerxentes e novas tecnoloxías
  • Pílula-vídeo “Xestión do tempo”.
  • Díptico “Desconexión dixital”.
Hábitos saudables
  • Infografía “Microbiota”.
  • Ficha “Coida o teu corpo, a túa mellor ferramenta de traballo!”.
Seguridade viaria laboral
  • Infografía “Vehículos de dúas rodas”.
  • Folleto “Riscos no uso do patinete eléctrico”.
  • Folleto “Plan de mobilidade segura e sostible”.
Creación de cultura preventiva
  • Folleto explicativo sobre cultura preventiva.

Participación en congresos e xornadas

XORNADA TÉCNICA “ESTRÉS LABORAL, IDADE E XÉNERO”

Organización: Instituto Riojano de Salud Laboral.
Relatorio: “O estrés laboral como risco psicosocial”. Concepción Ibáñez García, técnica en psicosocioloxía, departamento de Prevención.


I CONGRESO NACIONAL DE SAÚDE LABORAL

Organización: Goberno da Rioxa.
Mesa Cancro e traballo “Cambios lexislativos sobre canceríxenos: que debo facer na miña empresa”.
Montserrat Vega Castillo, técnica de hixiene industrial, departamento de Prevención.

Mesa Innovación en Ergonomía “Da teoría á práctica. 10 claves para a implementación dun exoesqueleto”.
José Antonio Tomás Royo, técnico en ergonomía, departamento de Prevención.

Taller de sensibilización “Experiencia inmersiva de adestramento en técnicas para mellorar a xestión do estrés”.
Josune Fernández, técnica de prevención, departamento de Prevención.
Concepción Ibáñez García, técnica en psicosocioloxía, departamento de Prevención.
Paula Fragueiro Barros, técnica en psicosocioloxía, departamento de Prevención.


V CONGRESO INTERNACIONAL PREVENCIONAR

Organización: Prevencionar.
Comunicación e póster “Coordinación de actividades empresariais (CAE), do papel á acción”.
Darío Pérez Sánchez, técnico de seguridade no traballo, departamento de Prevención.
M. ª Isabel Cobreros Ramos, técnica de xestión do coñecemento e da contorna, departamento de Prevención.
Yolanda González García, directora técnica departamento de Prevención.


XORNADA TÉCNICA “COMO XESTIONAR A ERGONOMÍA NAS EMPRESAS”

Organización: Centro de Prevención de Riesgos Laborales de Granada.
Relatorio “Ergonomía con impacto: estratexia de 7 pasos para cambiar o rumbo dos trastornos musculoesqueléticos”.
Ana Elvira Planas Lara, técnica en ergonomía, departamento de Prevención.


XORNADA TÉCNICA “PREVENCIÓN DA EXPOSICIÓN AO RADÓN NO ÁMBITO LABORAL”

Organización: Servizo de Saúde Laboral Goberno da Rioxa.
Relatorio “Obrigas das empresas en materia de gas radón no ámbito laboral”.
Montserrat Vega Castillo, técnica de hixiene industrial, departamento de Prevención.

Innovación aplicada á prevención

Mutua Universal incorpora as novas tecnoloxías aplicadas ao desenvolvemento de boas prácticas que complementen os programas e as actividades de sensibilización en materia de prevención de riscos laborais e promoción da saúde.

Sudoku Bos Hábitos

Para aprender e motivar a aplicación de hábitos saudables.

Ir a Sudoku Bos Hábitos

Sudoku EPIS

Para o coñecemento e a utilización de equipos de protección individual.

Ir a Sudoku EPIS

Sudokus Canceríxenos

Para aprender a identificar os principais axentes canceríxenos.

Ir a Sudokus Canceríxenos

CLPlay©

Para coñecer a etiquetaxe dos produtos químicos perigosos.

Ir a CLPlay©

Coida a túa voz

Aplicación para dispositivos móbiles que inclúe exercicios deseñados para aprender practicando coñecementos e reforzar a conduta sobre a prevención de riscos laborais e a promoción da saúde.

Ir a Coida a túa voz

Premios Innovación e Saúde

Mutua Universal entregou en 2025 os X Premios Innovación e Saúde, galardóns cos que recoñece anualmente empresas asociadas á mutua, institucións ou organismos que implementan proxectos innovadores en beneficio da saúde e a calidade de vida das persoas traballadoras.

"Hai dez anos que a Xunta Directiva de Mutua Universal reparou en que recoñecer as iniciativas innovadoras en materia de saúde laboral contribuía non só á produtividade e á competitividade das empresas, senón tamén á saúde da sociedade en xeral e á sostibilidade do estado de benestar. Grazas a ese esforzo, hoxe os premios Innovación e Saúde consolidáronse como referentes en materia de innovación aplicada ao máis importante que temos as persoas: a nosa saúde."

Jaime Aguirre de Cárcer y Moreno, presidente de Mutua Universal.

O acto contou coa participación de Miquel Lladó, profesor asociado no departamento de Dirección Estratéxica da IESE Business School, que fixo un relatorio sobre estratexia empresarial e mantivo un coloquio con Juan Güell, director xeral de Mutua Universal, onde se debateu sobre a importancia de namorarse do futuro como eixo para o impulso da innovación e da tecnoloxía nas organizacións.

Ir a Premios Innovación e Saúde

Jaime Aguirre de Cárcer y Moreno, presidente de Mutua Universal.

Juan Güell, director xeral de Mutua Universal, e Miquel Lladó, profesor de IESE Business School e experto en estratexia empresarial.

Empresas galardoadas

CATEGORÍA GRANDE EMPRESA

Gonvauto Navarra

O grupo industrial Gonvauto Navarra foi recoñecido co primeiro premio na categoría Grande Empresa pola implementación de ferramentas dixitais adaptadas á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

Ir a Gonvauto Navarra

Infrico

O segundo premio nesta categoría foi para Infrico polo seu proxecto de transformación dixital para a xestión intelixente dos riscos laborais.

Ir a Infrico

CATEGORÍA PEQUENA E MEDIANA EMPRESA

Desarrollo de Sistemas Avanzados

A peme do sector da enxeñaría industrial Desarrollo de Sistemas Avanzados recibiu o primeiro premio na categoría Pequena e Mediana Empresa pola aplicación da intelixencia artificial ao servizo do benestar social, a eficiencia, a sostibilidade e a colaboración na compañía.

Ir a Desarrollo de Sistemas Avanzados

Alimentos Congelados de La Rioja

O segundo premio na categoría recoñeceu a Alimentos Congelados de La Rioja pola creación dun espazo formativo innovador ao servizo da seguridade no traballo.

Ir a Alimentos Congelados de La Rioja

PREMIO INSTITUCIONAL

O recoñecemento institucional distinguiu o labor na promoción de iniciativas que fomentan a innovación, a saúde, a igualdade e os valores europeos entre a cidadanía da Oficina do Parlamento Europeo en Madrid e o traballo de sensibilización en materia de prevención e saúde física e mental da Universitat de Girona a través do seu programa “A UdG, unha Universidade Saudable”.