Ir á contido

Logros e estratexia

Plan estratéxico 21-24

A Mutua das persoas. Colaboramos innovando.

O exercicio 2024 supuxo o último ano de vixencia do actual Plan Estratéxico 21-24 de Mutua Universal, un proxecto colaborativo cunha visión enfocada ao ano 2030 que marcou as liñas de actuación da organización durante estes anos.

aixo o lema “A Mutua das persoas. Colaboramos innovando”, o plan, estruturado de acordo con catro principios estratéxicos, puxo as persoas no centro de todas as actuacións co obxectivo de humanizar a saúde e fomentar a colaboración e a dixitalización a través de servizos personalizados para cada un dos grupos de interese cos cales a entidade se relaciona.

Reflexión novo plan estratéxico

Innovación ao servizo das persoas

Tras a finalización do actual Plan Estratéxico 21-24, Mutua Universal levou a cabo un proceso de análise para o deseño dun novo plan que debe guiar o futuro da entidade nos próximos anos para actuar nun contexto cada vez máis global, cambiante, tecnolóxico e tamén sostible.

Este proceso de reflexión, no cal se involucraron directamente máis de 300 profesionais da mutua, pretende profundar na vocación innovadora, humana, comprometida e eficiente de Mutua Universal, impulsando definitivamente o desenvolvemento de servizos personalizados aplicados á saúde, á prevención e á xestión e facendo evolucionar a relación cos distintos grupos de interese.

A imaxe mostra un esquema en tres pasos para a estratexia organizativa: escoitar ás persoas, definir a folla de ruta e reflexionar para establecer prioridades.

Xunt@s seguiremos redefinindo o que significa ser innovadores no sector

Plan Estratéxico 25-27

Para darlle resposta a un contexto cada vez máis complexo e disruptivo e seguir centrando a actividade da entidade nas persoas, o novo Plan Estratéxico 25-27 de Mutua Universal, “Innovación ao servizo das persoas”, nace coa intención de:

  • Facer evolucionar o modelo de negocio con servizos innovadores, proactivos e personalizados.
  • Coidar das persoas e da súa saúde cun equipo comprometido e talentoso.
  • Crear valor sostible a nivel social, medioambiental, de gobernanza e do sistema da Seguridade Social.

A nosa esencia

A reflexión para conformar o novo plan estratéxico, que lle dá continuidade á metodoloxía colaborativa utilizada no plan saínte, baseada na axilidade e a transversalidade, supuxo a reformulación do propósito, a misión, a visión e os valores da organización, que se adaptaron, a través dun proceso participativo, de acordo coa mutua do futuro que se está construíndo.

Propósito

Protexemos e coidamos as persoas, contribuíndo á sostibilidade do estado do benestar.

Misión

Velamos pola saúde e o benestar das persoas traballadoras, xestionando os servizos e as prestacións con responsabilidade e eficiencia, comprometidos coa sociedade e a sostibilidade do sistema.

Visión

Sermos referentes en innovación aplicada á saúde e á xestión, mellorando a vida das persoas a través de solucións avanzadas e sostibles.

Valores

Integridade, proximidade, profesionalidade, responsabilidade e innovación.

Plan de RSC e Sostibilidade 21-24

Mutua Universal seguiu traballando durante 2024 no seu Plan de RSC e Sostibilidade 21-24, que, baixo o lema “Actuando no presente, pensando no futuro”, lles deu resposta aos novos retos, expectativas e necesidades dos diferentes grupos de interese con que se relaciona a entidade, contribuíndo así de maneira activa á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados polas Nacións Unidas.

Obxectivos do Plan de RSC e Sostibilidade

  • Seguir traballando por unha cultura corporativa ética, comprometida e responsable, baixo criterios ambientais, sociais e de gobernanza.
  • Fomentar ambientes inclusivos e accesibles coa xestión da diversidade como principio esencial.
  • Avanzar desde a nomenclatura da RSC cara ao concepto da sostibilidade como rol transformador.
  • Integrar a Axenda 2030 no propósito de Mutua Universal.
  • Orientar a acción social cara ao coidado das persoas.
  • Contribuír a mellorar a saúde e o benestar das persoas, da sociedade e do planeta.