Medicina personalizada

Mutua Universal ofrece un modelo de saúde integral baseado na humanización e na personalización onde o/a paciente é o eixe central

Medicina personalizada

Mutua Universal ofrece un modelo de saúde integral baseado na humanización e na personalización onde o/a paciente é o eixe central

Ademais da atención presencial prestada na nosa ampla rede de centros propios de alta capacitación tecnolóxica con presenza en todas as provincias, dúas áreas de control hospitalario en Madrid e Barcelona e dous hospitais intermutuais en Bilbao e Valencia, Mutua Universal conta cun avanzado sistema propio de telemedicina (Clínica Online), implantado en todos os centros asistenciais, que garante o acceso á medicina especializada e hospitalaria e permite a xestión de trámites independentemente da localización.

Estes recursos e servizos garanten unha atención personalizada e eficiente en calquera circunstancia.

Humanización da saúde

O modelo de asistencia sanitaria de Mutua Universal baséase nunha atención integral centrada nas persoas, humanizando todas as accións e procedementos co obxectivo de prestar unha asistencia personalizada.

Para iso, o colectivo asistencial da entidade está en continua formación coa finalidade de fomentar a innovación e impulsar o seu desenvolvemento.

Hacer clic sobre la imagen para agrandar

Enquisa de satisfacción
de pacientes 2022

ATRIBUTOS MELLOR VALORADOS NUNHA BOAATENCIÓN
NOS NOSOS CENTROS ASISTENCIAIS

0
Seguridade

Aspectos vinculados á seguridade de pacientes, coma as medidas de protección durante a visita

0
Limpeza

0
eConsulta

0
Seguimento telefónico
SERVIZO PRESTADO
POLO PERSOAL SANITARIO
PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN

0
Fisioterapia

0
Enfermaría

0
Medicina

0
Traballo social

0
Administración

Servizo prestado polo persoal de administración

Clínica online

TELEMEDICINA:
AVÁLANNOS MÁIS DE 20 ANOS DE EXPERIENCIA

A Clínica Online é un sistema avanzado de telemedicina implantado en todos os centros asistenciais de Mutua Universal que ten como obxectivo garantir o acceso á medicina especializada e hospitalaria de todas as persoas asociadas da entidade, independentemente da súa localización xeográfica.

“O sistema de telemedicina propio, Clínica Online, axiliza o diagnóstico e reduce os tempos de espera, o que mellora a calidade de vida dos/as pacientes e as súas familias e incrementa a eficacia do servizo”

O sistema de telemedicina Clínica Online de Mutua Universal
permite diversos tipos de conexión a distancia:

Telemedicina en mobilidade.
Conexión directa, a través da Zona Privada e
a aplicación móbil de Mutua Universal,
entre paciente e persoal sanitario a través
de dispositivo móbil, sen necesidade de
desprazarse a un centro asistencial
da entidade.

Telemedicina entre
centros asistenciais propios de
Mutua Universal.

Permite ás nosas persoas traballadoras
protexidas e adheridas acceder, desde
calquera dos nosos centros asistenciais,
aos/ás especialistas máis axeitados/as
que dan soporte médico a distancia.

Telemedicina con outros
centros sanitarios.

Conexión entre centros asistenciais
de Mutua Universal e outros centros
sanitarios, quer con Servizos Médicos
de Empresa das nosas empresas asociadas
a través de Clínica Online Empresa,
quer con hospitais intermutuais.

CLÍNICA ONLINE
EN CIFRAS

0
Consultas de telemedicina
0
Incorporacións multimedia en historia clínica
0
Centros conectados

OUTRAS FERRAMENTAS DE TELEMEDICINA

As eConsultas, funcionalidade que permite de forma cómoda e sen desprazamentos o contacto directo co equipo asistencial de Mutua Universal, incrementáronse nun 6 % no ano 2022.

A eConsulta, dispoñible a través da Zona Privada de Mutua Universal, permite contactar co equipo asistencial da entidade (persoal médico, de enfermaría ou de fisioterapia) que o visitase nos últimos 15 días para resolver dúbidas en relación coa pauta de medicación, os coidados prescritos ou complicacións na evolución, entre outras.

 

0
eConsultas

LIÑA UNIVERSAL

Liña Universal é un servizo de teleasistencia e consulta as 24 horas dos 365 días do ano, atendido por un equipo de profesionais asistenciais e de xestión capaces de dar resposta nas principais linguas do ámbito internacional.

A súa función principal é proporcionar orientación médica, xestionar o traslado de pacientes accidentados/as ao centro sanitario máis acaído para o seu tratamento, xestionar o rescate e a repatriación de pacientes con ingreso hospitalario dentro e fóra do territorio nacional e facilitar información complementaria respecto da xestión asistencial e de prestacións de Mutua Universal.

 

0
Chamadas atendidas

Proxecto LINCE: analítica preditiva para mellorar o servizo a pacientes

LINCE é un proxecto de analítica preditiva baseado na intelixencia artificial (IA) capaz de identificar patróns e establecer modelos preditivos que permiten axilizar certos procesos e ofrecer unha atención máis eficaz e inmediata aos nosos asociados e asociadas.

Investimento na renovación de centros asistenciais

Dentro do programa de mellora continua da rede asistencial de Mutua Universal, ao longo de 2022 investíronse un total de 2,7 millóns de euros destinados a reformas e mantemento, que complementan os 2,8 millóns de euros consignados a novos investimentos en centros asistenciais

 

Principais proxectos de reformas en 2022

NOVO CENTRO ASISTENCIAL DE MÁLAGA
NOVO CENTRO ASISTENCIAL DE VITORIA
NOVO CENTRO ASISTENCIAL DE CÁCERES
NOVO CENTRO ASISTENCIAL DE ALCORCÓN