Xestión íntegra e eficiente
Organización orientada ao dato
En Mutua Universal cremos na importancia estratéxica dos datos como base para achegar solucións e axudar na toma de decisións co obxectivo de mellorar os nosos servizos e optimizar a nosa eficiencia. Ademais, garantimos os máis altos niveis de seguridade e privacidade.
Como entidade orientada ao dato, contamos coas solucións tecnolóxicas máis innovadoras para analizar e interpretar datos no marco da nosa actividade, o que nos permite examinar a nosa actuación no pasado (analítica descritiva) e identificar padróns de comportamento cos que prever decisións futuras (analítica preditiva).
PROXECTO LINCE
Aplicación da intelixencia artificial para mellorar o servizo a pacientes
Lince é un proxecto de analítica preditiva baseado en algoritmos de intelixencia artificial (IA) capaz de analizar millóns de datos dispoñibles nos rexistros históricos da entidade e identificar padróns. Isto permite que Mutua Universal deseñe modelos preditivos e implemente casos de uso que axilizan os procesos e anticipan diversos aspectos da asistencia. O obxectivo de todo isto é ofrecer unha atención máis eficaz e inmediata, ademais de potenciar a sostibilidade do sistema.
O proxecto Lince, que Mutua Universal iniciou en 2019, baséase na aprendizaxe automatizada ou machine learning e pon datos á disposición dos distintos colectivos da organización para optimizar e mellorar a xestión e a asistencia, ofrecendo así unha atención aínda máis personalizada.
CASOS DE ÉXITO CON LINCE
-
Predición da duración dunha incapacidade temporal por continxencia común
Mediante o uso de máis de 60 variables, o modelo preditivo é capaz de anticipar e predicir individualmente os días de duración dun proceso de incapacidade temporal por continxencia común. . -
Identificación precoz de incapacidade, morte e supervivencia
Análise estatística e preditiva para anticipar este tipo de casos e acelerar os trámites de tipificación, reducir o período de incapacidade temporal ou, se é posible, realizar actuacións para reconducilo.
Transformación dixital
EN MUTUA UNIVERSAL AVANZAMOS DE FORMA CONTINUADA NO NOSO PROCESO DE INNOVACIÓN E TRANSFORMACIÓN DIXITAL
A través da Oficina de Transformación Dixital, Mutua Universal coordina, en colaboración cos diferentes departamentos da entidade, proxectos que ofrecen solucións innovadoras e personalizadas adaptadas ás necesidades dos distintos grupos de interese co obxectivo de mellorar os servizos e a súa eficiencia, o acceso á información, a tramitación e o asesoramento.
Todo este labor lévase a cabo a partir de solucións baseadas na non-presencialidade e no acceso inmediato á información, así como nun modelo de xestión orientado a procesos automatizados, eficientes, colaborativos e centrados nas persoas.
Automatización de procesos
Deseñar modelos preditivos e implantar casos de uso que axilizan procesos e anticipan diversos aspectos da asistencia. O obxectivo de todo isto é ofrecer unha atención máis eficaz e inmediata, ademais de potenciar a sostibilidade do sistema.
O proxecto Lince, que Mutua Universal iniciou no ano 2019, baséase na aprendizaxe automatizada ou machine learning e pon datos á disposición dos distintos colectivos da organización para optimizar e mellorar a xestión e a asistencia co obxectivo de ofrecer unha atención aínda máis personalizada.
Mutua Universal conta na actualidade
con 14 procesos internos automatizados
mediante a tecnoloxía Robotic
Process Automation (RPA)
BENEFICIOS
- Maior fiabilidade.
- Diminución dos tempos de xestión..
- Minimización da taxa de erros.
- Redución de riscos.
- Aumento da produtividade nos procesos.
- Normalización e homoxeneización de procedementos.
- Valoración do traballo dos e das profesionais da entidade, que poden dedicarse a tarefas de maior valor engadido.
IMPACTO DA DIXITALIZACIÓN
NA EFICIENCIA DA XESTIÓN
AUTOMATIZACIÓN DE PROCESOS
PROCESOS EXECUTADOS ACUMULADOS
CASOS TRATADOS
AFORRO ACUMULADO EN HORAS
Zonas Privadas
ZONA PRIVADA PERSOAL
Mellora do deseño e da usabilidades
Co obxectivo de seguir aplicando a última tecnoloxía para achegarnos ás nosas empresas mutualistas, poboación protexida e entidades colaboradoras a través de solucións innovadoras e personalizadas, Mutua Universal renovou a súa aplicación móbil.
Entre as súas melloras destacan un deseño máis personalizado, unha interface máis intuitiva e fácil de utilizar, e unha navegación máis sinxela.
NOVIDADES DE 2023
Videoidentificación
A nova versión da Zona Privada de Mutua Universal dispón dunha interface máis atractiva e dunha navegación máis sinxela e intuitiva. Mellora así a experiencia das persoas usuarias desde o rexistro, que agora se realiza de forma totalmente en liña e segura mediante a videoidentificación, sen necesidade de acudir en persoa a un centro de Mutua Universal.
Telemedicina en mobilidade
A última actualización da Zona Privada Persoal vén acompañada de novas funcións relacionadas coa telemedicina, un dos eixes principais do modelo de asistencia sanitaria personalizada a canda a atención presencial nos nosos centros de traballo.
Deste xeito, estendemos o noso servizo de telemedicina a todo o colectivo de persoas traballadoras protexidas pola entidade, que poderán gozar das vantaxes da telemedicina independentemente do seu lugar de residencia.
ALTAS ACUMULADAS NA
ZONA PRIVADA PERSOAL
RESPECTO AO ANO ANTERIOR
En 2023, Mutua Universal implementou a videoidentificación no rexistro da Zona Privada Persoal, un paso máis na comunicación segura coas persoas usuarias.
Mutua Universal, cada día máis preto de ti.
Rexístrate na túa Zona Privada EN LIÑA e descubre todas as vantaxes que ofrece.
ZONA PRIVADA PROFESIONAL
A Zona Privada Profesional de Mutua Universal é un servizo web desde o que as empresas asociadas, persoas traballadoras autónomas e asesorías colaboradoras poden acceder a un conxunto de aplicacións e ferramentas en liña destinadas a facilitar o seu día a día nas xestións e nos trámites máis habituais.
A ZONA PRIVADA PROFESIONAL PERMITE
- Tramitar e consultar prestacións dixitalmente.
- Supervisar os procesos de baixa existentes nunha organización.
- Consultar información para reducir a sinistralidade.
- Descargar ou consultar certificados de retencións do IRPF.
- Reciclar documentación e información.
- Solicitar caixas de primeiros auxilios.
- Acceder ao Observatorio Empresa, unha ferramenta que permite dispoñer dun cadro de mando interactivo e de informes á medida para analizar indicadores de absentismo e sinistralidade que axudan ás organizacións na xestión e na toma de decisións en relación cos recursos humanos e coa prevención de riscos laborais.
- Solicitar a renovación da declaración de actividade correspondente á prestación de pagamento directo por incapacidade temporal para persoas traballadoras autónomas.
- Dispoñer de notificacións con cambios de estado nas xestións e prestacións.
El proceso de alta en la Zona
Privada Empresa es totalmente
online, a través de certificado digital
ALTAS ACUMULADAS NA
ZONA PRIVADA PROFESIONAL
RESPECTO AO ANO ANTERIOR
TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA INTEGRAL
Co obxectivo de ser máis eficientes na xestión, así como de apoderar a poboación protexida, Mutua Universal ofrece un servizo de tramitación electrónica integrado áxil, sinxelo e coas mesmas garantías de seguridade xurídica e tecnolóxica que ofrece a Administración pública.
Deste xeito, facilita as xestións coa entidade e as solicitudes de prestacións económicas.
XUSTIFICANTE DIXITAL
O sistema de tramitación electrónica de Mutua Universal permite a recepción dun xustificante de presentación de solicitudes no caso da prestación de pagamento directo por incapacidade temporal para persoas traballadoras autónomas.
O xustificante dixital, dispoñible a través da Zona Privada Profesional de Mutua Universal, inclúe un selo electrónico que certifica a data e a hora exactas da presentación da solicitude. Isto achega seguridade e facilita unha proba da petición da solicitude, de tal xeito que se protexe a persoa solicitante e se garante a integridade e a autenticidade da documentación presentada.
- Garante a identidade da persoa solicitante.
- Asegura a integridade e a autenticidade do procedemento.
- Conta coas mesmas garantías de seguridade xurídica e tecnolóxica que ofrece a Administración pública.
- Permite realizar e consultar o estado do trámite desde calquera dispositivo e lugar, e en calquera momento.
ZONA PRIVADA PARA EMPRESAS PROVEDORAS SANITARIAS
A Zona Privada para empresas provedoras de servizos sanitarios de Mutua Universal exemplifica as vantaxes de centralizar todas as xestións nunha única plataforma. Este espazo permítelles ás empresas provedoras realizar todos os trámites relacionados con pedidos, informes e facturas.
A través desta Zona Privada é posible facer un seguimento dos pedidos ou recibir e anexar de xeito telemático toda a documentación necesaria para a súa tramitación, entre outras cousas. O espazo tamén permite consultar información sobre facturas e integra un cadro de mando personalizable con todos os datos relacionados coas xestións con Mutua Universal.
Outros proxectos innovadores
Orientación de pacientes
Co obxectivo de mellorar a experiencia nos centros asistenciais de Mutua Universal, a entidade puxo en marcha un servizo de quiosco dixital para orientar as e os pacientes que teñan programada unha visita médica ou de fisioterapia.
Con este sistema, que permite a xestión automatizada de quendas, os e as pacientes poderán rexistrar a súa visita de forma autónoma, obter un tícket co seu número de quenda e solicitar un xustificante de asistencia, entre outras cousas.
BENEFICIOS
- Reduce as colas na recepción dos centros asistenciais.
- Acurta o tempo de espera.
- Axiliza o proceso de recepción de visitas médicas e de fisioterapia programadas.
- Garante unha total confidencialidade para pacientes.
- Permite a autoxestión do xustificante de asistencia.
- Reduce a carga de traballo administrativo.
Proxectos de interoperabilidade
Co obxectivo de conseguir un sector máis eficiente e mellorar o desenvolvemento das competencias que temos legalmente encomendadas as mutuas colaboradoras coa Seguridade Social, Mutua Universal emprendeu un proxecto para estandarizar a integración dos servizos asistenciais realizados entre as mutuas mencionadas. A iniciativa inscríbese no marco do convenio de cooperación “Colaborando para ti” que asinamos con Fremap e Solimat.
Este sistema automatizado para o intercambio de información, que se realiza a través do protocolo técnico e sanitario de intercambio de datos FHIR/HL7, conta coas máximas garantías de seguridade.
Este é o primeiro paso cara á integración doutros servizos e procesos entre mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.