Innovación aplicada á saúde
Modelo asistencial híbrido
En Mutua Universal incorporamos solucións tecnolóxicas innovadoras que facilitan un modelo de atención híbrido que combina a asistencia presencial e a non presencial para ofrecer o servizo máis axeitado, de calidade e humanizado. Así respondemos ás expectativas das nosas empresas asociadas e da poboación protexida.
EN 2023 A ENTIDADE SEGUIU DESENVOLVENDO O SEU MODELO ASISTENCIAL BASEADO EN:
- A humanización
- A personalización
- O impulso do uso da telemedicina e a intelixencia artificial
- O desenvolvemento do colectivo asistencial
O SERVIZO DE TELEMEDICINA DE MUTUA UNIVERSAL
Telemedicina en mobilidade
Conexión directa entre paciente e persoal sanitario a través dun dispositivo móbil, sen necesidade de desprazarse a un centro asistencial da entidade.
Telemedicina entre centros asistenciais propios de Mutua Universal
Permítelle á nosa poboación protexida acceder, desde calquera dos nosos centros de atención, ao colectivo de especialistas máis axeitado, que presta asistencia médica a distancia.
Telemedicina con outros centros de saúde
Conexión entre centros asistenciais de Mutua Universal e outros centros de saúde, ben cos Servizos de Vixilancia da Saúde das nosas empresas asociadas a través de Clínica En Liña Empresa, ben con hospitais intermutuais.
CLÍNICA EN LIÑA EN CIFRAS
TOTAL DE VISITAS
EN 2023 O NÚMERO DE
CONSULTAS DE CLÍNICA
EN LIÑA CRECEU UN
Técnicas aplicadas á rehabilitación e o seguimento de pacientes
Telerrehabilitación
Para atender os casos de rehabilitación, os centros de Mutua Universal dispoñen dos equipos tecnolóxicos máis avanzados e de profesionais cunha ampla experiencia e formación, que contan co apoio de fisioterapeutas de referencia tanto presencialmente como en liña.
Ademais, a entidade dispón dunha plataforma para levar a cabo tratamentos de telerrehabilitación como ferramenta complementaria ás sesións presenciais de fisioterapia.
Este innovador servizo incorpora un sistema de intelixencia artificial que, a través da cámara do ordenador ou do teléfono móbil, é capaz de realizar sesións de telerrehabilitación en tempo real, corrixindo as posicións e os movementos incorrectos dos e das pacientes durante o seu proceso de recuperación desde a casa. Así mesmo, ofrece o seguimento da evolución por parte do persoal asistencial de Mutua Universal.
BENEFICIOS DA TELERREHABILITACIÓN
- Reduce os desprazamentos de pacientes a centros asistenciais.
- Implica o ou a paciente no seu proceso de recuperación, co que se obteñen mellores resultados.
- Posibilita un seguimento continuo por parte do equipo de fisioterapia nun modelo de tratamento híbrido no que se alternan as sesións presenciais e as de telerrehabilitación.
TELERREHABILITACIÓN EN CIFRAS
PACIENTES ATENDIDOS/AS
FISIOTERAPEUTAS INVOLUCRADOS/AS
SESIÓNS DE TELERREHABILITACIÓN
VALORACIÓN DE PACIENTES
A telerrehabilitación reforza o modelo de medicina personalizada de Mutua Universal e amplía a oferta de servizos dixitais a distancia aplicados á xestión asistencial
A realidade virtual é un valioso
aliado para a rehabilitación de
pacientes que sufriron algún
trastorno postraumático
tras un accidente laboral
Realidade virtual aplicada á saúde mental
En 2023, Mutua Universal iniciou unha revisión e mellora para abordar a avaliación e o tratamento dos problemas de saúde mental co obxectivo de darlles resposta aos novos retos xurdidos a raíz do progresivo incremento destes problemas na poboación xeral e, en consecuencia, tamén na poboación traballadora, nos últimos anos. Este aumento foi especialmente importante desde a pandemia e prodúcese nun contexto social de percepción dunha maior incerteza con respecto ao futuro. Isto tradúcese na necesidade de integrar unha perspectiva sanitaria global onde a saúde mental sexa obxecto de atención ao mesmo nivel que a saúde física.
SERVIZO DE REALIDADE VIRTUAL APLICADO Á SAÚDE LABORAL
Trátase dunha tecnoloxía enfocada á avaliación psicolóxica para tratar os trastornos de estrés postraumático causados por accidentes laborais que poidan interferir no traballo diario e na calidade de vida das persoas traballadoras.
O uso da realidade virtual aplicada á saúde laboral no caso de patoloxías mentais mellora a eficacia da terapia, acelera o período de rehabilitación e reduce o da baixa laboral para conseguir unha normalización da actividade.
En Mutua Universal contamos cun equipo propio de psicoloxía e psiquiatría que, a través do noso sistema de telemedicina (Clínica En Liña), pode pasarlles consulta a traballadores e traballadoras en calquera dos nosos centros asistenciais.
Ademais, contamos cunha ampla rede de apoio con profesionais e centros externos de psiquiatría e psicoloxía.
A entidade tamén implantou un software de recoñecemento de voz no servizo de psicoloxía. Este avance posibilita o ditado de informes médicos optimizado para recoñecer terminoloxía científica, siglas e abreviaturas.
Telemedicina en mobilidade
Este servizo, accesible desde a Zona Privada Persoal de Mutua Universal, axiliza o diagnóstico, reduce os tempos de espera e concilia a vida familiar e laboral, o que mellora a calidade de vida dos e das pacientes e da súa familia, aumenta a eficacia e garante a continuidade en coidados.
En 2023, as conexións de
telemedicina en mobilidade creceron
un 63 % en Mutua Universal
Traballamos en proxectos de
intelixencia artificial que axudan o
colectivo sanitario na súa toma
de decisións
EConsulta
A través de eConsulta, dispoñible na Zona Privada, a nosa poboación protexida pode poñerse en contacto co equipo asistencial (persoal médico, de enfermaría ou de fisioterapia) que lle pasase consulta nos últimos 15 días para resolver dúbidas en relación coa pauta de medicación, os coidados prescritos ou as complicacións na evolución, entre outras, de forma cómoda e sen desprazamentos.
ECONSULTAS
CONSULTAS RECIBIDAS
Liña Universal
Liña Universal é un servizo de teleasistencia e consulta dispoñible as 24 horas do día dos 365 días do ano, atendido por un equipo de profesionais asistenciais e de xestión capaces de proporcionar orientación médica e de xestionar o traslado de pacientes que sufrisen algún accidente ao centro de saúde máis axeitado para o seu tratamento. Tamén permite tramitar o rescate e a repatriación de pacientes con ingreso hospitalario dentro e fóra do territorio nacional, así como proporcionar información complementaria sobre a xestión asistencial e de prestacións de Mutua Universal.
LIÑA UNIVERSAL
CHAMADAS ATENDIDAS
Modelos analíticos y predictivos
En Mutua Universal disponemos de las más innovadoras soluciones tecnológicas basadas en la inteligencia artificial para el análisis avanzado y seguro de datos.
A partir del estudio de grandes cantidades de información histórica de la que disponemos, y de la detección de patrones y tendencias, diseñamos modelos predictivos. Estos modelos potencian la eficiencia en la gestión y anticipan situaciones y procesos para ayudar a nuestros colectivos sanitarios a tomar las mejores decisiones adaptadas a cada paciente. De este modo, podemos ofrecer una atención excelente y personalizada.
ENQUISA DE SATISFACCIÓN DE PACIENTES DE 2024
Os resultados da última enquisa bienal de satisfacción de pacientes amosan un índice de satisfacción xeral percibida que roza a excelencia, cunha valoración global de 8,05 puntos sobre 10.
Este resultado supón un incremento da mellora con respecto ao ano anterior e constitúe a mellor valoración da serie histórica.
ATRIBUTOS MELLOR VALORADOS NUNHA BOA ATENCIÓN DOS NOSOS CENTROS ASISTENCIAIS
Atención
humanizada
8,95
Confianza e seguridade transmitidas
8,16
Valoración dos servizos telemáticos (telemedicina en mobilidade)
8,33
Seguimiento telefónico
8,33
Valoración do servizo prestado
polo persoal sanitario
8,84
Seguimiento telefónico
Fisioterapia
8,84
Enfermaría
9,11
Traballo social
9,29
Persoal de
administración
8,11
A enquisa de satisfacción de pacientes avalía máis de 60 atributos relacionados cos servizos que a entidade presta diariamente nos seus centros asistenciais.
Ademais do servizo prestado polo persoal sanitario, cabe destacar o 8,97 de valoración do noso persoal administrativo e o 8,26 na adecuación da información sobre os trámites que cómpre realizar.
Grazas a este estudo, a entidade pode coñecer a opinión dos e das pacientes, así como establecer obxectivos de mellora e definir medidas que axuden a elevar os niveis de satisfacción.
Investimento na renovación
de centros asistenciais
Dentro do programa de mellora continua da rede asistencial de Mutua Universal, en 2023 investíronse 2,8 millóns de euros en reformas e mantemento, que complementan os 3,8 millóns de euros destinados a novas instalacións.
INVERSIONES REALIZADAS
(En millones de €)
TOTAL
SUPERFICIE TOTAL DOS CENTROS DE TRABALLO
(En m2)
REDE ASISTENCIAL
CENTROS DE TRABALLO PROPIOS
ÁREAS DE CONTROL HOSPITALARIO
HOSPITALES INTERMUTUALES
NOVAS APERTURAS
PRINCIPAIS REFORMAS
Centro administrativo en Palma de Mallorca
Rúa de Arxiduc Lluís Salvador, 30
En xullo de 2023, Mutua Universal inaugurou un novo centro administrativo cunha superficie total de 280 m2. O novo centro está situado a escasos metros do centro asistencial, o que facilita as xestións entre ambas as instalacións.
Así mesmo, en 2023 iniciáronse as obras de adecuación de locais en Alacante, Badalona e Albacete para o traslado do centro asistencial e administrativo nesas localidades.
Reforma parcial do centro asistencial de Sevilla
Mutua Universal reformou o seu centro de Sevilla para unificar toda a actividade asistencial, a excepción da fisioterapia. As obras melloraron de maneira notable a funcionalidade do centro e a súa operativa diaria.
Reforma do novo centro administrativo e de fisioterapia de Terrassa
Durante o ano 2023 realizouse unha adecuación das instalacións de Mutua Universal en Terrassa. Esta actuación permitiu o traslado das actividades do centro administrativo e de fisioterapia da entidade a unha nova instalación próxima ao actual centro asistencial da mesma localidade.
Innovación aplicada á prevención
En Mutua Universal poñemos á disposición das nosas empresas asociadas e das persoas traballadoras protexidas e adheridas as mellores e máis innovadoras ferramentas e servizos no eido da xestión da prevención: unha axuda na redución da sinistralidade e na prevención de riscos laborais.
En 2023, Mutua Universal prestou, dentro do marco legal vixente, asesoramento en materia de redución da sinistralidade e prevención de riscos laborais a máis de 5400 empresas asociadas e 400 000 persoas traballadoras. Isto supuxo unha redución dos accidentes do 13 % nas empresas con maiores indicadores de sinistralidade.
No marco do Plan de Actividades Preventivas do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións para o asesoramento de empresas asociadas, poboación protexida e persoas traballadoras autónomas adheridas, Mutua Universal desenvolve programas e actividades de asesoramento, orientación técnica e asistencia.
Así mesmo, realiza actividades de investigación, desenvolvemento e innovación para que as empresas asociadas poidan levar a cabo unha xestión eficaz en materia de prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
Laboratorio de ergonomía
O Laboratorio de Ergonomía da entidade, situado no centro de Mutua Universal do polígono de Arazuri-Orcoyen (Navarra), ofrece un servizo de referencia e diferencial pioneiro en España. O seu traballo céntrase na prevención de lesións e baixas repetitivas de longa duración mediante a busca de solucións a problemas musculoesqueléticos que afectan ao ambiente laboral.
Na actualidade, o laboratorio está orientado á procura de oportunidades de mellora para reducir a accidentabilidade relacionada con sobreesforzos, posturas forzadas, manipulación manual de cargas ou movementos repetitivos.
Así, durante 2023, o Laboratorio de Ergonomía de Mutua Universal continuou traballando no estudo e deseño de boas prácticas nos sectores de maior risco ergonómico.
ENTRE AS LIÑAS DE TRABALLO DESENVOLVIDAS EN 2023 DESTACAN
- Continuación e finalización do estudo iniciado en 2022 sobre a análise do impacto do sistema de elevación das camas na saúde musculoesquelética das persoas que traballan como camareiras ou camareiros de pisos.
Trátase dun estudo comparativo do esforzo físico realizado ao facer diferentes tipos de camas a fin de identificar as clases de elevadores de camas e as técnicas de traballo máis ergonómicas para as persoas traballadoras. - Estudo e análise de factores de risco ergonómicos e propostas de mellora no sector plataneiro.
La ergonomía es la disciplina que se encarga del diseño de lugares de trabajo, herramientas y tareas, de modo que coincidan con las características fisiológicas, anatómicas, psicológicas y las capacidades de las personas trabajadoras que se vean involucradas
Plataforma Benestar Universal
Benestar Universal é o programa de promoción da saúde e de hábitos saudables de Mutua Universal para xestionar, coñecer, valorar e mellorar a saúde e o benestar das persoas traballadoras, ademais da sostibilidade da organización.
O programa, que se adapta ás necesidades, características e obxectivos definidos en cada empresa asociada, integra asesoramento, actividades e materiais de sensibilización e divulgación, así como unha plataforma web que dá soporte á xestión da información e ao seguimento de indicadores de saúde.
A plataforma Benestar Universal ofrécelles apoio ás seguintes campañas de prevención e promoción da saúde de Mutua Universal:
APLICACIÓNS DE PREVENCIÓN
Dentro do seu Plan de Actividades Preventivas e seguindo a súa liña de innovación, Mutua Universal continuou traballando no mantemento e na actualización de recursos de sensibilización e xestión baseados en aplicacións móbiles.
Campus virtual de prevención de riscos laborais
Durante 2023, Mutua Universal continuou apostando polo seu campus virtual de prevención. Esta plataforma ofrece cursos de temáticas sectoriais e transversais sobre riscos e medidas de actuación para previr, eliminar ou controlar os riscos laborais que provocan accidentes, danos na saúde ou enfermidades profesionais.
O CAMPUS VIRTUAL DE MUTUA UNIVERSAL É:
-
Flexible
Respecta os ritmos e as necesidades de aprendizaxe de cada persoa traballadora.
-
Inmediato
Resolve ao momento as situacións imprevistas e de urxencia.
-
Innovador
Aproveita as novas tecnoloxías e ofrece un deseño interactivo e multimedia.
-
De calidade
Asegura o itinerario formativo e a validez da formación.
Xornadas de orientación técnica
En 2023, dentro do marco legal vixente, Mutua Universal levou a cabo máis de cen xornadas de orientación técnica en liña para ofrecer asesoramento, orientación técnica e asistencia ás empresas mutualistas e ás súas persoas traballadoras en materia de redución da sinistralidade, así como de prevención de riscos laborais. O obxectivo destas xornadas, ás que en 2023 asistiron máis de 3000 persoas de empresas asociadas á entidade, é promover unha xestión eficaz en materia de prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
Recoñecementos “3 anos, 0 accidentes”
En 2023, Mutua Universal recoñeceu o compromiso das súas empresas asociadas coa prevención e co coidado das súas persoas traballadoras a través dos diplomas “3 anos, 0 accidentes”, outorgados ás entidades que conseguiron manter unha sinistralidade cero nos últimos tres anos.
Observatorio de Sinistralidade
Durante o exercicio 2023, Mutua Universal puxo en marcha o Observatorio de Sinistralidade, un estudo que analiza os accidentes de traballo anuais xestionados pola entidade a través dos principais indicadores relacionados.
“O Observatorio de Sinistralidade de Mutua Universal é unha ferramenta moi útil. Os datos extraídos deben servirlles ás empresas para crear estratexias e accións que axuden a reducir a sinistralidade no traballo e a promover a prevención de riscos laborais. ‘Porque sen seguridade e saúde nas empresas non pode haber produtividade nin competitividade’, destacou o director do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, Carlos Arranz, durante o acto de presentación da primeira edición
do Observatorio de Sinistralidade de Mutua Universal”.